O BNG de Compostela defende unha cidade "humana" e "libre de despexos"

O candidato á alcaldía, Rubén Cela, asegurou que a formación frentista "temos claro" que queren "unha cidade onde as persoas sexan o primeiro". 

Rubén Cela
photo_camera [Imaxe BNG]

Na súa intervención nos almorzos de Forum Europa o candidato do BNG-AA á alcaldía de Compostela defendeu declarar a capital galega "concello libre de despexos". 

Neste senso, o nacionalista sinalou que a súa formación "temos claro o que queremosunha cidade máis humana, onde as persoas sexan o primeiro e se poidan escoitar os nenos e as nenas xogando na rúa”. 

Entre as propostas defendidas por Cela debullou a aposta da organización frontista en eformular a actual política de vivenda, “que pasa por entendela como un dereito básico e non un privilexio, salientou. 

Desde esta perspectiva advogou pola defensa desde o goberno local dos subministros de servizos básicosmunicipais a persoas e familias en situación de vulnerabilidade con tarifas sociais ou sen custo, así como a revisión das ordenanzas fiscais para aplicar criterios de progresividade. 

Asemade, propuxo impulsar unha oferta de vivenda protexida en réxime de alugueiro para as familias con menos recursos. 

Comentarios