O BNG chama a facer do 25 de xullo unha ‘’demostración de forza’’ soberanista

‘En pé por Galiza. Soberanía. Democracia, Dereitos’ é o lema co que a fronte nacionalista celebrará este Día da Patria, no que convoca unha manifestación que sairá ás doce da mañá da Alameda de Santiago. 

BNG Día da patria 25 xullo

Soberanía, democracia e dereitos. O BNG alicercará sobre estas tres demandas un Día da Patria que pretende que sexa unha “demostración de forza” do pobo galego na súa reafirmación como País. O secretario de Organización, Bieito Lobeira, e a deputada Montse Prado presentaron a campaña da fronte para este 25 de xullo esta sexta feira na Praza da Quintana, lugar onde finalizan as manifestacións nacionalistas do Día da Patria. Neste 2014 cúmprense res décadas desde que o BNG ‘recuperou’ esa Praza para o nacionalismo pois nos anos interiores orde das autoridades e actuacións da policía iprohibían ao BNG o acceso a ese espazo o 25 de xullo. Son, tamén, tres décadas da traída dos restos de Castelao desde Arxentina.

“A soberanía é a mellor arma para calquera democracia”

“Galiza e o pobo galego aspiran a estar no debate político como suxeitos e non como espectadores”, manifestou Lobeira, que incidie na importancia de que “Galiza conte” e estea “presente” no debate aberto no Estado español.

O secretario de Organización manifestou que este Día da Patria vai seguir a reivindicar o “dereito a decidir” como unha necesidade para poñer fin “á miseria, a emigración, desemprego, emprobrecemento...”. Lobeira reiterou que a soberanía “é a mellor arma para calquera democracia” e “para rescatar dereitos”.

Campaña intensa

A fronte nacionalista non centra o Día da Patria simplemente na manifestación (que partirá as 12:00 da Alameda), senón que virá precedida pola realización dunha trintena de diferentes actos de diversa índole.

Tamén se procederá a repartir milleiros de bandeiras galegas para que a cidadanía as exhiba en xaneiras, balcóns...E, como novidade, facer o propio 25 de Xullo cos milleiros de persoas que asisten á manifestación a “máis grande e mellor bandeira galega”.

Comentarios