O BNG aposta por medidas para "reter" o talento científico na Galiza

Pontón presenta á comunidade científica 'Innogal'.
INNOGAL_BNG_PARLAMENTO_GALEGO_16 FEB_11-min

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, mantivo onte un encontro con representantes da comunidade científica galega para lles explicar de primeira man a proposición de lei de creación do Innogal, entidade similar ás que funcionan en Euskadi e Catalunya, "co obxectivo de facer da ciencia un factor estratéxico para o desenvolvemento de Galiza".  O Innogal, subliñou Pontón, ten un dobre obxectivo: "Optimizar a xestión dos recursos e reter e captar talento investigador".

A líder da oposición insistiu en que a Galiza "ten científicos de primeiro nivel e moi bos centros de investigación". Así, resaltou que é necesario "dar estabilidade aos investigadores cunha xestión eficaz dos recursos".

"A ciencia é un factor estratéxico para desenvolver toda a nosa capacidade produtiva, crear emprego de calidade e construír unha economía sólida e competitiva, asentada tanto nos sectores produtivos tradicionais como emerxentes", salientou. Mais malia a súa importancia, denunciou, a Galiza "está lonxe do investimento da media europea e por baixo da media estatal: 1,1% do PIB galego fronte 1,43% do Estado e 2,3% a nivel europeo".

Emprego e benestar

Pontón explicou o deseño do Innogal na proposta lexislativa nacionalista. Un organismo público para facilitar a xeración de ciencia desde unha xestión eficaz e eficiente, tanto dos recursos económicos como humanos e materiais.

"Co Innogal, o BNG quere pór o capital humano no centro, promovendo as condicións laborais para reter o persoal investigador,  captar talento de excelencia e lograr o retorno de talento emigrado", explicou, destacando o éxito de entidades similares. Desde a súa creación en 2001, o Icrea obtivo 780 millóns de para fondos de investigación. Pola súa parte, o IkerBasque, conseguiu un retorno de 175  millóns só no último ano.

Comentarios