O BNG aposta cara ao 26M na “marca de calidade” dos seu traballo nos concellos

Presentou lema e imaxe para as eleccións municipais: 'Máis BNG' onde goberna e 'Agora BNG' Onde cogoberna ou está na oposición.

FOTO ANA PONTÓN E XAVIER CAMPOS (2)

 A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón e o responsábel de comunicación, Xavier Campos presentaron a imaxe e mensaxes da campaña das municipais baixo un dobre lema, “Máis BNG” nos concellos nos que goberna, e “Agora BNG” nos que cogoberna ou está na oposición.

O BNG fala de tres fortalezas. á hora de afrontar estas eleccións A primeira, afirman, que o BNG é unha forza política á alza, en refrencia a que duplicaron o apoio da cidadanía nas eleccións xerais. Pontón mostrouse convencida de que todos e cada un deses votos, así como o resultado do vindeiro  26 de maio será “determinante para desaloxar o Partido Popular da Xunta”.

A segunda fortaleza, indica o Bloque, é o propio proceso de conformación das candidaturas, con implantación no conxunto do territorio e nas que se implican máis de 4.000 persoas, das cales máis da metade son indepedentes.

A terceira fortaleza, dixo Pontón, é o aval do traballo desenvolvido nos concellos. A portavoz nacionalista reiterou que os concellos BNG “son unha marca de calidade”. Se hai unha política en Galiza que a grande maioría perciba como claramente transformadora, engadiu, esa é a política municipal do BNG.

O responsábel de comunicación, Xavier Campos explicou que a campaña municipal do BNG liga en imaxe e estética coa recente campaña das eleccións Xerais. Nesta ocasión, dixo,  diferenciando as mensaxes a transmitir en función dos lugares nos que o BNG mantén a alcaldía, está na oposición ou  cogoberna. Campos explicou que no primeiro caso o lema “Máis”, significa dicir, “Máis Carballo, Máis Tomiño, Máis Moaña”, e o resto dos  concellos nos que se goberna, nun lema para reforzar e dar continuidade as políticas municipais  que desenvolve o nacionalismo.

Nos concellos non que non hai alcaldía nacionalista a mensaxe será “Agora”, “Agora Sada”, “Agora Samos”, “Agora Verín”… como palabra de orde para situar que estas eleccións son o momento “de apoiar BNG”.

Comentarios