Ante a porcentaxe de persoas indecisas

O BNG anima a “petar en todas as portas e en todos os corazóns” para dar a sorpresa o 26X

O número 1 do BNG-Nós pola Coruña, Carlos Callón, advertiu este domingo que “unha de cada tres persoas aínda non decidiu o seu voto”. De aí que animase a “petar nas portas e nos corazóns, achegando as alternativas do BNG”. Amosouse convencido de que o BNG-Nós “daremos a sorpresa gorda”.

CALLON  ACTO SANTIGO DERRUBANDO MUROS
photo_camera Acto do BNG en Santiago "derrubando muros"

Nun acto contra as políticas antisociais do PP, o cabeza de lista pola Coruña, Carlos Callón, instou á mobilización no que fica de campaña para superar as enquisas.  “Unha persoa de cada tres aínda non decidiu o seu voto, temos que aproveitar todos estes días para continuar petando nas portas e no corazón da xente coas nosas propostas e chegar as persoas para ser capaces de superar as enquisas. Daremos a sorpresa o 26X. Daremos unha sorpresa gordo”, prognosticou.

Ao mesmo tempo, a portavoz nacional do BNG e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, puxo en valor a papeleta nacionalista galega. “O voto realmente útil é ao BNG porque é garantía e cambio e temos as mans libres para defender Galiza os 365 días do ano”.

Pontón sitúa o BNG como "garantía de cambio e de defensa do país"

Así, como “garantía de cambio e de defensa do país”, Ana Pontón apostou en que “teñamos representantes nas Cortes que vaian con liberdade para negociar a favor de Galiza, que non vaian coas man atadas a partir do 26X”. “O BNG é a garantía de que os galegos e as galegas decidamos quen vai ser o próximo goberno do Estado, deixando claro que non imos apoiar o señor Rajoy, pero tamén imos esixir solucións para os nosos problemas”.

“Outros votos poden ser útiles para os aspirantes a presidente, pero inútiles para os galegos e as galegas porque os votos aos deputados das forzas estatais son votos cativos, e non van defender os nosos intereses, non van defender o traspaso da AP-9, nin unha tarifa eléctrica galega ou saneamento das rías. Son votos cativos que non van negociar nada para Galiza”, concluíu a portavoz do Bloque.

Comentarios