BNG e Alternativa dos Veciños de Oleiros reúnense para falar dunha candidatura galega

A organización frontista e o colectivo veciñal amosaron a súa coincidencia na abertura dun proceso "aberto" que pule pola representación de Galiza nas Cortes españolas. 

CLvI1wzUEAAMRwC

Senllas delegacións do BNG e Alternativa dos Veciños de Oleiros mantiveron un encontro esta quinta feira no marco das xuntanzas que está a desenvolver a organización frontista. 

Neste senso, o Bloque trasladou ao colectivo veciñal a súa aposta na conformación dunha candidatura galega ás eleccións ás Cortes españolas. Feito que acolleu con interese Alternativa dos Veciños e que decidiu trasladar aos seus órgaos de participación. 

Desde a organización frontista sinalaron que o seu obxectivo é pular por un "proceso social aberto e inclusivo que permita incorporar organizacións, colectivos e persoas na conformación dunha gran candidatura que lle dea o protagonismo debido á participación da cidadanía para garantir unha representación potente de Galiza como nación nas cortes do Estado". 

Ambas as dúas formacións acordaron manter canles de comunicación abertas para o diálogo e favorecer futuros encontros. 

Comentarios