BNG e AGE desmárcanse dunha comisión da corrupción que o PP usa “partidistamente”

A frente nacionalista, en sinal de protesta, non presenta ponente nesta comisión parlamentar; e a Alternativa abandonou a comisión.

Comisión de Cultura do Parlamento

Unha Comisión de estudo para a elaboración dun plan de medidas de prevención e erradicación da corrupción política que sexa “utilizada” polo grupo maioritario que, á súa vez, é o que está no albo dos casos de corupción, non ten moito sentido. Así o entenden desde o BNG e AGE, que nesta segunda feira criticaron con dureza o que cualifican de “uso partidario” desta comisión parlamentar por parte do Partido Popular

A deputada do BNG, Ana Pontón anunciou que, como “mostra de protesta”, a frente nacionalista non designou ponente. Pontón considera que o Partido popular tenta “xeneralizar un problema de todos” cando en realidade “a corrupción chégalle ás orellas”.

"A corrupción chégalle até as orellas"

Para a deputada, hai un caso que implica directamente a Núñez Feijóo relativo á “presunta financiación do Partido popular”. Ao  BNG, dixo, preocúpalle esta situación ao igual que ao resto da cidadanía galega que ve “con repulsión” a corrupción que afecta a vida pública e sinte a mesma respulsión ao comprobar que o  Presidente da Xunta negase a dar explicacións ante situacións “gravísimas”, dende o punto de vista político.

Alternativa Galega de Esquerdas, pola súa banda, abandonou a comisión, farta do que considera que é “instrumentalización, manipulación e imposicións do Partido Popular.”

A viceportavoz de AGE, Yolanda Díaz, denuncia que a estratexia da dereita no órgano parlamentario vén dende a súa mesma constitución, cando o PP se negou a pactar o plan de traballo e ditou unilateralmente o seu. “Así entende a democracia o partido de Feijóo”, afirma Díaz, “só se apoias sen chistar o que eles propoñen”. 

Comentarios