BNG acusa a SXPL de "terrorismo patronal" e abandona a comisión en solidariedade c@s docentes do Celga

Ana Pontón e Cosme Pombo plantaron o responsábel de Política Lingüística, Valentín García, como protesta polo conflito do Celga.

Plante Secretario Política Lingüística
photo_camera Plante Secretario Política Lingüística [Imaxe: BNG]

O Bloque Nacionalista Galega abandonou esta quinta feira (5 de maio) a Comisión parlamentar de Educación e Cultura como mostra de "solidariedade" e "apoio" ao persoal docente despedido pola Xunta de Galiza e que impartía os cursos de formación en lingua galega, Celga.

A voceira de lingua da organización frontista explicou ao responsábel da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Valentín García, as razóns polas que o seu grupo se ausentaría da comisión e describiu a actitude desenvolvida pola Xunta, mais tamén pola súa área, como un caso de "terrorismo laboral".

Cumpre lembrar que @s docentes foron despedid@s pola administración após denunciaren as súas condicións de traballo. O profesorado Celga non contaba cun contrato laboral nen afiliación á Seguridade Social. Neste senso, logo de as Inspeccións de Traballo exixir á Xunta dar de alta ao seu persoal e indemnizar o tempo que non estivera filiado, a Xunta decidiu proceder ao seu despedimento.

Razón pola que @s deputad@s do Bloque portaban cartaces na sesión parlamentar en que se podía ler a lenda: "Valentín dimisión e Readmisión dos despedidos CELGAS". A organización frontista exixiu, de novo, a demisión de García ao que coidan responsábel da situación que atinxe @s docentes.

Comentarios