O Bloque leva a Bruxelas a sentenza do Prestige e denuncia a "impunidade" dos responsábeis políticos

A través da europarlamentar Ana Miranda, a organización frontista pregunta á Comisión se o fallo cumpre coa lexislación comunitaria. 

 

Xuízo Prestige
photo_camera Xuízo Prestige

O BNG presentou unha pregunta perante a Comisión europea para que o executivo comunitario determine se está de acordo coa "inexplicábel" sentenza emitida pola Audiencia provincial da Coruña en relación coa catástrofe do Prestige. Para @s nacionalistas a falta de responsabilidades no fallo contrata coas mudanzas lexislativas introducidas após o desastre ecolóxico no ordenamento xurídico da UE --reformas que deviñeron precisamente do accidente. 

Miranda recolle na súa pregunta o "malestar social" causado pola "impunidade" da sentenza

Un dereito comunitario, máis duro

Neste senso, a europarlamentar do BNG, Ana Miranda, solicita á institución europea que revise o fallo xudicial ao abeiro do dereito comunitario habida conta, aseguran desde a organización frontista, do "malestar xerado na sociedade civil" que entende, a sentenza permitiría que face "futuras catástrofes" exista "absoluta impunidade administrativa e penal". 

Cumpre lembrar que a sentenza lida pola Audiencia só atribúe responsabilidade penal ao patrón do Prestige e nega a existencia de responsabilidades civís ou penais ás administracións galega e española. Se ben, o único cargo político que finalmente sentou no banco dos acusados foi o ex-directo da Marina Mercante, López-Sors e finalmente resultou absolto. 

As forzas da oposición reclaman á Xunta que presente recurso no Supremo

Tamén Espazo ecosocialista remiteu ás autoridades europeas as súas dúbidas a respeito da sentenza xudicial a través, neste caso, do eurodeputado de ICV, organización que @s ecosocialistas posúen como referente no Parlamento europeo.

Destarte, todas as forzas da oposición instaron á Xunta de Galiza a presentar recurso de casación perante o Supremo pola falta de responsabilidades no fallo emitido se ben, o líder do executivo, Alberto Núñez Feijóo avanzou que estudan a posibilidade de o presentaren mais só en relación coa sanción pecuniaria que puider existir para a clasificadora, a aseguradora ou o armador do Prestige. 

Comentarios