Impulsor@s do bloque independentista para o 25X renuncian exhibir siglas e símbolos partidarios

Avoga por un ‘cortexo’ que facilite a máxima participación e centrado na “identidade política” independentista por riba das “legítimas sub-identidades” que existen nese espazo á vista da recomposición que se está a dar no campo soberanista.

Independentista

Un bloque independentista que marche sen siglas nin símbolos partidarios no marco dunha mobilización unitaria neste Día da Patria. É a opción defendida polos promotores do ‘cortexo indepententista’ que se está a artellar a través de asembleas comarcais por todo o país co lema ‘Pola rutura democrática. Pola independência nacional’. Renúnciase, pois, a exhibir “siglas e simbologias de partidos e organizaçons políticas” con dúas finalidades: facilitar a máxima participación de persoas e sectores do independentismo e, por outro lado, reafirmar a identidade política independentista por riba das sub-identidades que habitan, “legitimamente”, nese espazo. Máxime, sinalan, nun momento de recomposición do campo soberanista e da inexistencia dun único proxecto que aglutine com claridade a representación de todos e todas as independentistas.

Este posicionamento estaba presente desde un principio nos colectivos e persoas que impulsaban esta iniciativa do bloque independentista, e vén reitarse a medida que en asembleas e xuntanzas vaise perfilando o ‘bloque independentista’ para este 25 de xullo. Nesta liña, indican que a faixa que abrirá o ‘cortexo’ quer reflectir a visión “de movimento sócio-político amplo e popular para a liberaçom nacional”.

“A decisom de conformar um cortejo independentista nom partidário foi acolhida com satisfaçom nas assembleias abertas celebradas em distintas comarcas do país, por refletir um estendido sentir a dia de hoje: priorizar a afirmaçom e progressiva articulaçom do espaço político independentista por cima da projeçom de legítimas organizaçons”, afirman.

Comentarios