O Bloque leva a venda de NGB perante a Fiscalía por un delito de malversación

A organización frontista denunciou un suposto delito de "malversación de fondos públicos" na venda da entidade do que din esxisten "fundadas sospeitas". 

vence
photo_camera [Imaxe BNG]

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence xa o avanzaba poucos días antes de se iniciar a poxa de Novagalicia Banco. A organización frontista entende que no proceso de venda da entidade financeira galega podería existir un delito de "malversación" e instan a Fiscalía a investigar o proceso de toma de decisións que deveu na compra de NGB por parte do grupo bancario venezuelano Banesco. 

Neste senso, o líder do Bloque, Xavier Vence, asegurou esta quinta feira após rexistrar a denuncia nos Xulgados de Compostela que que existen "fundadas sospeitas" para crer que o FROB e, por ende, o Ministerio español de Economía, incorreron nun delito de "malversación de fondos públicos" ao venderen de maneira "anticipada e pouco transparente" a entidade financeira pois da súa comercialización por valor de 1.000 millóns de euros, non " se corresponde coa cantidade aportada por tod@s os cidadáns para reflotar a entidade galega" e que supuxo máis de 9 mil millóns de euros públicos. 

Aliás, coidan que non ter esgotado o prazo fixado polo memorando de entendemento que o Goberno español asinou coa Troika, impediu recuperar o investido e mesmo favoreceu a venda da entidade por un valor inferior. 

Investigar aos "vendedores da entidade"

Neste senso, desde a organización frontista coidan que a Fiscalía debe "estudar a fondo" o proceso de venda que supuxo, dixo Vence, "a liquidación do sistema financeiro galego" e procurar, pois, as posíbeis responsabilidades derivadas do mesmo. 

Desde o Bloque reiteraron que a denuncia presentada vai dirixida contra “os vendedores da entidade”  e os responsables da aceleración deste proceso, Luis de Guindos, o Banco de España e o FROB e insistiu que o escrito nacionalista en ningún momento vai dirixido “contra os compradores” da entidade.

Comentarios