O bipartidismo bota abaixo a iniciativa parlamentar para evitar a impunidade dos crimes franquistas

PP e PSOE votaron contra a iniciativa do BNG, que procuraba ‘’dar resposta ás demandas de vítimas e da cidadanía’’.

O BNG defendeu no Parlamento a modificación da Lei de Amnistía de 1977 para evitar que, de facto, sexa utilizada como unha lei de punto final contra os crimes do franquismo, “crimes de lesa humanidade” o que deu pé ao portavoz parlamentario nacionalista, Francisco Jorquera, a iniciar o debate expresando a condena contra o masacre de Israel sobre o pobo palestino. A iniciativa foi desestimada cos votos do PP e do PSOE.

O nacionalista citou o informe do relator especial da ONU para a promoción da verdade: “A lei acabou cumprindo as funcións dunha lei de punto final en tanto que foi utilizada para arquivar practicamente a totalidade dos casos que chegan aos xuíces”.

Jorquera subliñou o esperpento de que xuíces españois investiguen crimes de lesa humanidade cometidos noutros estados e non podan facer o mesmo no Estado español. “Non pretendemos reabrir ningunha ferida, pretendemos pechalas todas e non se pode facer desde o esquecemento e a impunidade, senón promovendo a verdade, a xustiza e reparando as vítimas”, concluíu.

Comentarios