Besteiro ve inminente unha moción de censura na Deputación de Lugo


O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, avanzou este sábado que ve “factible” unha moción de censura na Deputación de Lugo. “É algo que se verá nun futuro máis ou menos inminente”, respondeu Besteiro nunha entrevista para ‘La Voz de Galicia’.

O líder dos socialistas galegos cargou contra o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez. “Había un mandato do partido que tiña que cumprirse e non se fixo. A candidatura a unha deputación é do partido, non do candidato, a diferenza do que ocorre nun concello”.

Besteiro descartou a súa dimisión polo ‘Martinazo’ en Lugo e mostrouse convencido de que non se repetira a mesma situación no resto de Deputacións, aínda que rexeitou a posibilidade de ceder a presidencia na Coruña. “O BNG non pode ignorar a forza dos votos”, manifestou o secretario xeral do PSdeG.

Comentarios