Querela de Gómez Besteiro contra a xuíza De Lara por “prevaricación” xudicial

Acusa a maxistrada de imputarlle delitos a sabendas de que non puido cometelos e pide que sexa afastada da carreira xudicial.

sanchez besteiro

José Ramón Gómez Besteiro, ex-presidente da Deputación de Lugo e até a pasada sexta feira secretario xeral do PSdeG, presentou unha querela perante o TSXG contra a xuíza De Lara. Acúsaa dun presunto delito de prevaricacíon xudicial que, de prosperar, podería afastar a maxistrada da carreira xudicial.

A defensa de Gómez Besteiro considera que a xuíza acusouno de financiar desde a Deputación viaxes para funcionarios a Eurodisney, Alemaña, Arxentina ou India, cando esas viaxes foron organizadas pola entidade provincial na época en que gobernaba Cacharro Pardo, e supostamente a maxistrada sabía ese dato. A querela considera que De Lara coñecía o que estaba a facer posto que solicitou á Deputación todas esas facturas, citando cantidades e datas, que ían de 2004 a 2006. Besteiro entrou na Deputación no verán de 2007.

Comentarios