Besteiro ispe o seu patrimonio para se defender da imputación

O secretario xeral do PSdeG compareceu publicamente, mais non na sede do partido, para defender a súa "honra".

Após ser imputado pola xuíza Pilar de Lara no marco do caso Garañón, José Ramón Gómez Besteiro, compareceu publicamente esta quinta feira (6 de agosto) para anunciar que presentará, xunto ao escrito de defensa, un "streptease económico e financeiro" para defender "honra". 

Besteiro presentouse perante os medios nun hotel compostelán e non na sede do PSdeG negando os presuntos delitos polos que está imputado --tráfico de influencias, suborno, prevaricación e un delito contra a ordenación do patrimonio. 

"Non estou disposto a me deixar vencer"

Na comparecencia subliñou que "nunca" pensara en demitir e que achegará a documentación que "desmonta falsedades" vencelladas ao proceso. Aliás, reclamou "celeridade" xudicial para resolver o caso do que agarda o "sobresemento". 

"Non estou disposto a me deixar vencer", subliñou, embora recoñecer que está a ser unha "situación" que "non é doada nen agradábel". 

Comentarios