Besteiro demite como secretario xeral do PSdeG

Pilar Cancela asumiría a dirección da xestora do partido até a realización do Congreso.

10Besteiro
photo_camera José Ramón Besteiro [Imaxe PSdeG]

Asegurou en comparecencia de imprensa que a súa renuncia como secretario xeral do PSdeG, após decidir que non se presentaría como candidatábel á Xunta, foi unha decisión "libre, persoal e responsábel". 

Aliás, José Ramón Gómez Besteiro, sinalou aos medios de comunicación que Pedro Sánchez "respectou" a súa escolla cando lle comunicou que renunciaría ao cargo hai uns días. "A partir de mañá serei un militante máis", dixo tamén através da súa conta de Twitter. 

O 'Garañón' e o 'Pulpo'

Gómez Besteiro demite como secretario xeral do PSdeG, unha decisión que se fixo efectiva no comité executivo que os socialistas galegos realizaron esta mesma tarde. O PsdeG fica agora en mans dunha xestora, dirixida por Pilar Canecela, deputada e actual secreataria de Organización, até a celebración do Congreso.

A presión sobre Besteiro para que, após demitir como candidato á Xunta o fixese como secretario xeral do PsdeG, foi en aumento tras a súas imputacións na 'Operación Pulpo'. Unha presión na que participaron persoas de peso no PSOE como a presidenta de Andalucía, Susana Díaz.

Porén, e após demitir como candidato, o propio Pedro Sánchez amosou o seu apoio a que Besteiro seguirse como secretario xeral do PSdeG, mais lembrando que de se lle abrir xuízo oral tería que demitir. Non foxo falla chegar a tanto. 

O día despois de que Pedro Sánchez aproveitase o seu paso por Galiza para dar o seu apoio e amosar a súa total confianza a Gómez Besteiro, a xuíz de Lara atribuiu ao secretario xeral do PSdeG seis delitos. Aos catro delitos polos que está a ser investigado Besteiro no marco da 'Operación Garañón' engádense seis na 'Operación Pulpo', unha investigación centrada na Deputación de Lugo sobre adxudicacións ilícitas.

Comentarios