Besteiro confirma que @s deputad@s galeg@s do PSOE aceptarán o voto a prol da monarquía

O líder do PSdeG asegura que “seguirán o que se decida de forma maioritaria” o que vén a ser o mesmo que asumir as ordes da cúpula, partidaria da sucesión de Juan Carlos I por Felipe VI sen consultar á cidadanía.

Ramón Gómez Besteiro (Foto: Nós Diario).
photo_camera Gómez Besteiro

O secretario xeral do PSOE galego, Xosé Ramón Gómez Besteiro, confirmou que @s deputad@s galeg@s do grupo socialista “aceptarán o que se decida maioritariamente” en relación ao modelo de Xefatura do Estado tras o anuncio de abdicación de Juan Carlos I, o que na práctica supón que votarán a prol da sucesión borbónica sen ningún tipo de consulta á cidadanía, tal e como quere a cúpula socialista.

Nunha entrevista concedida á Radio Galega, Besteiro remarcou que “@s galeg@s forman parte dun grupo parlamentario, que é o grupo socialista a nivel de todo o Estado, polo que aceptarán a decisión de tod@s”.  Malia isto, Besteiro declarouse “claramente republicano” e defendeu a necesidade de abordar un “debate moito máis amplo” sobre o Estado que “sirva para os próximos 40 anos”.

Pokémon

Por outra banda, sobre o feito de que Pilar de Lara, a xuíza instrutora da Pokémon, abrise unha peza separada para investigar a súa etapa como edil de obras en Lugo e unhas reformas realizadas no seu domicilio, Besteiro dixo sentirse “absolutamente tranquilo”.

Comentarios