Bescansa recoñece que agardaba “mellores” resultados na Galiza

Más País obtivo 1,5% dos votos.

carolina bescansa

A cabeza de lista pola Coruña de Más País, Carolina Bescansa, recoñeceu que agardaba uns resultados "mellores" na Galiza, onde a plataforma de Íñigo Errejón ficou relegada a unha posición residual ao recibir 22.474 votos, 1,53% do total de sufraxios emitidos.

"Na  Galiza agardabamos uns resultados mellores, pero do que se trata é de desbloquear", sinalou esta segunda feira Bescansa, que apelou á "posición cualitativa" de Más País a nivel estatal "máis que á cuantitativa", pois a plataforma quedouse en tres escanos, dous deles obtidos en Madrid e o restante, en Valencia, onde concorrían en alianza con Compromís.

"Imos tentar ser útiles que é o que necesita o país", incidiu, e lamentou que a repetición electoral supuxese "a fragmentación do sistema de partidos" con "unha extrema dereita que hai un ano non existía" e que agora "vai tirar" da "dinámica" do resto de forzas.

Comentarios