Bescansa pide un Podemos que lle fale máis "aos españois" e non só "aos independentistas"

Integrante con Errejón, Monedero e Iglesias da equipa fundacional, afastado do líder no último conclave da formación morada, a compostelá Carolina Bescansa é relevada agora da súa praza na Comisión Constitucional do Congreso pola portavoz Irene Montero. A galega deplora que Podemos "non teña un proxecto político para España".

Errejón, Pablo Iglesias, Carolina Bescansa. Vistalegre 1.
photo_camera Bescansa, con Iglesias e Errejón no congreso fundacional de Podemos

"Eu gostaría dun Podemos que lle falase máis a España e aos españois e non só aos independentistas", declarou nos corredores do Congreso Carolina Bescansa após se coñecer a súa substitución por Irene Montero na Comisión Constitucional da cámara baixa.

A troca non é menor, sendo que a Comisión Constitucional sería o foro en que eventualmente se discutirá a reforma constitucional pactada por PP e PSOE.

No conflito con Catalunya, Bescansa lamenta que Podemos non teña transmitido correctamente á opinión pública que a formación é "un partido español e estatal". Ao seu xuízo, a organización liderada por Pablo Iglesias manexa un discurso ambiguo e non ten sido quen de deixar claro que en ningún caso apoiará a independencia de Catalunya, "nen pola vía unilateral nen pola bilateral".

 

Comentarios