Berros de "machista, machista!" salpican a presenza de Cañete en Castro de Rei

Cañete non se coloca ante micrófonos inimigos, mais si vai a actos públicos. E iso ten os seus riscos. Na súa aparición en campaña na Galiza, non puido safar de escoitar berros de "machista".

"Machista", "Machista"!! Os berros solaparon a voz de Arias Cañete cando o candidato explicaba como, no curso dunha negociación europea, con "Rosa" [pola conselleira de Meio Rural], decidira enviar unha foto á súa muller ás 6 da mañá, para que soubese onde estaba, con quen e ficase tranquila. Un comentario realmente revelador do seu comportamento. Realizouno  no curso dun encontro que o candidato realizaba en Castro do Rei con representantes do sector primario, agro-gandeiro e forestal basicamente. Estaba acompañado por Millán Mon.

Cañete continuou impávido a súa intervención. Cinco despois das súas declaracións -alegou que utilizar a súa superioridade intelectual fronte á unha muller sería visto como unha acción machista, dando a entender que non se empregou a fondo no debate con Valenciano-, o ex ministro continúa sen pedir desculpas.

A campaña de Cañete é neste momente a campaña de fuxir das súas palabras, da valoración de contido machista que realizou após o debate bipartidista que o enfrontara con Valenciano.

O político do PP cancelou entrevistas xa pactadas nos meios próximos ao PSOE.

Comentarios