Beiras sitúa á cidadanía, por riba de organizacións, como motor dun novo referente nacionalista

O histórico nacionalista afirma que non é a súa "pretensión" ser candidato nas eleccións pero aclara que el "non pecha a porta a nada"

O voceiro do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras, abordou nunha comparecencia pública a concreción do que califica dun novo referente nacionalista, que o vindeiro 14 de xullo realizará a súa asemblea constituínte.

Beiras chamou á cidadanía alega a tomar parte neste nese proceso, unha chamada que extendeu tamén a "grupos interesados nunha alternativa dun novo referente" para que "se faga todo o posible para confluír", no que é unha referencia a 'Compromiso por Galicia', colectivo conformado por Máis Galiza, Acción Galega e Espazo Ecosocialista.

Diálogo

Iso si, para o referente de Encontro Irmandiño, ese  novo proxecto debe partir de que a "confluencia sexa de cidadáns". "O diálogo entre grupos debe continuar, pero a confluencia debe ser de persoas". Para Xosé Manuel Beiras,"hai que dar garantías de que o proceso é de abaixo a arriba, e que se vai á construción dun movemento co que se vehiculice na estanza política mediante unha ferramenta e non a un partido convencional que sexa o motor dende arriba".

Atraer descontentos

"Algo que resulte atraente, non só para a xente que levamos militado en organizacións determinadas, sexa o BNG ou outras, ou cidadáns organizados en grupos máis pequenos", é o que Beiras agarda do novo referente, "para que non derive en algo análogo ao que se entiron defraudados eses continxentes de masa crítica da esquerda e non nos confinar nunha disputa por un espazo xa existente".

Para o referente de Encontro Irmandiño, hai tempo para conformar unha alternativa electoral e, neste sentido, si considerou que un fraccionamento non sería positivo. "Estamos a favor de impedir un fraccionamento", proclamou, referíndose á súa condición de voceiro de Encontro Irmandiño.

A preguntas na súa comparecencia de se el sería o candidato nas vindeiras eleccións dun novo referente político, afirmou que iso non é a súa "pretensión" mais non pechou "ningunha porta".

Comentarios