Beiras pide a Sánchez un “exercicio de humildade” e lémbralle que En Marea superou o PSOE

Beiras pide a Sánchez un “exercicio de humildade” e lémbralle que En Marea superou o PSOE

Xosé Manuel Beiras, portavoz nacional de Anova-Irmandade Nacionalista [Imaxe: Riobó Prada]
photo_camera Xosé Manuel Beiras [Imaxe: Riobó Prada]

Xosé Manuel Beiras pediulle ao secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, un “exercicio de humildade” e lembroulle que nas pasadas eleccións do 20-D En Marea superou os socialistas na Galiza. O líder de Anova fixo estas declaracións durante unha entrevista no programa 'Hoy por Hoy', da Cadena Ser, nas que apostou en que En Marea se constituíse como partido para así, de se repetir as eleccións, garantirse o ter grupo parlamentar. No seu momento non puideron rexistrarse como tal e fixérono como coligazón, sinalou, o que deu baza a que PP e Cs “nos privasen de grupo parlamentar” no que foi unha “decisión política”.

Mais, como aclarou o líder de Anova, constituír En Marea como partido non afecta á dinámica que se mantén con Podemos e outras confluencias. “Temos unha alianza con Podemos, con En Comù Podem, cos valencianos... a nivel de Estadi poara artellar un suxeito plural” e que plasme a “plurinacionalidade”.

Beiras expuxo que En Marea está nun proceso de “ampliación” coa incorporación e achega de voces e entidades, como candidaturas cidadáns; e mostrou a súa confianza en que “non se repitan eleccións”. Para que non se chegue a ese escenario, dixo, O PSOE debe de “ser de esquerdas” e non facer o xogo con Ciudadanos, un partido “de dereitas”. Neste sentido, manifestou o seu convencemento na existencia “dun proxecto de Felipe González e compañía, para que se repita a estafa da transición, a gran coligazón”.

Comentarios