Beiras non concorre ás primarias de Anova

A formación desenvolve un proceso interno para designar as persoas que farán parte das listas de En Marea.

Beiras, no acto de Anova en Bonaval
photo_camera Beiras, no acto de Anova en Bonaval

Entre as 12h da quinta feira (12 de novembro) e as 12h da sexta feira Anova-IN desenvolverá unhas eleccións primarias para elixir as persoas que integrarán as candidaturas da coligazón En Marea ao Congreso e ao Senado. 

Neste senso, entre as persoas que se candidataron, por circuncricións, non se atopa o nome do seu portavoz, Xosé Manuel Beiras quen nos últimos días asegurou que "á miña idade" xa non está para integrar lista ningunha. 

Quen si o farán son:

Candidaturas ao Congreso

A Coruña

Gladys Afonso Lobato (A Coruña)
Jorge Caeiro Rodríguez (Oleiros)
Xosé Constenla Vega (Compostela)

Lugo
Xosé Manuel Saa Vázquez (Lugo)

Pontevedra
Alexandra Fernández (Vigo)
David Carballal Vázquez (Pontevedra)
José Gómez Bragaña (Caldas)

Ourense
Bernardo García Novoa (O Carballiño)
Carlos Lorenzo Simón (Toén)

Candidaturas ao Senado
Carlos Enrique Pereira Fernández (O Carballiño) 
Pilar Barros Barco (Beariz) 

As votacións desenvolveranse de maneira telemática. A orde de asignación dos postos dentro das candidaturas terá lugar en función do número de apoios recollido. Así as cousas, corresponderanse cos lugares que fiquen para Anova após a distribución dos mesmos entre as distintas forzas que conforman a coligazón. 

Comentarios