Beiras di que o único "crime" que cometeron @s independentist@s pendentes de xuízo é "exercer a súa indignación"

En relación co xuízo que decorrerá os 24 e 25 de xuño na Audiencia Nacional española e no que comparecerán como testemuñas os portavoces das catro forzas parlamentares, o líder de AGE asegurou que @s catro independentist@s imputad@s exercían a súa indignación, "e a iso chámanlle terrorismo"

 

Xosé Manuel Beiras respondía así á pregunta formulada pola imprensa en relación co xuízo que terá lugar a vindeira semana en Madrid. Nel catro independentistas serán xulgad@s acusad@s por presunta pertenza "a banda armada". Para o portavoz de AGE o único "crime" que cometeron é "exercer a súa indignación" e a iso, dixo "chámanlle terrorismo". 

Beiras --que acudirá como testemuña ao xuízo xunto cos outros tres portavoces parlamentares-- fixo brincadeira co feriado do vindeiro luns (24 de xuño) e asegurou que "en España non que aquí é festa". Porén, matizou pouco sacrificio é vir o luns pola mañá, por moi festa que sexa, cando hai xente sometida a unha situación límite" en relación coas acusacións e as normas "de excepción" que se lles están a aplicar @s imputad@s. 

Comentarios