Beiras acepta Iglesias no grupo parlamentar de AGE contra o criterio de Anova-Ourense

Carmen Iglesias pediu a incorporación a AGE porque foi a candidatura con que concorreu ás eleccións. 

O portavoz parlamentar de AGE, Xosé Manuel Beiras, deu carpetazo esta quinta feira ao conflito xurdido arredor do escano de David Fernández Calviño no Pazo do Hórreo e, para sorpresa de moit@s, o líder de Anova asegurou que apoiará a incorporación de Carmen Iglesias Sueiro ao grupo político da coligación se esta o solicitar. 

Após semanas de enfrontamentos e mesmo da abertura dun expediente sancionador en Esquerda Unida --polo incumprimento dos acordos adoptados entre as distintas forzas que compoñen AGE-- así como, coa opinión contraria da asemblea comarcal de Anova-Ourense, que solicitou a pasada semana a expulsión de Iglesias Sueiro e a súa entrada no Grupo mixto; Xosé Manuel Beiras asegura que as súas "convicións éticas" non lle permiten outra cousa que aceptar a entrada de Sueiro. 

Asemade, dixo Beiras, as súas "convicións democráticas" non lle permiten "ir contra os dereitos legais" da xa deputada. O portavoz do grupo tiña segundo o artigo 25 do Regulamento da Cámara --ao que deu leitura en comparecencia de imprensa-- a última palabra en relación á situación de Carmen Iglesias. 

Comentarios