Beiras partillará con Colau, Oltra e Iglesias un 'acto simultáneo' polo reforma da Constitución española

O líder de Anova participa desde Compostela nunha 'multiconexión' con outros catro mítines noutras tantas cidades do Estado.

Pablo Iglesias e Xosé Manuel Beiras
photo_camera Pablo Iglesias e Xosé Manuel Beiras

O 6 de decembro, domingo, é o aniversario da aprobación da Constitución española de 1978, un texto sobre o que se alicerzou o réxime saído da 'transición' e que sempre estivo no albo das críticas das forzas nacionalistas e de esquerdas. Podemos, e algunhas das forzas coas que o partido de Pablo Iglesias concorre nos comicios deste 20-D, organizan para este domingo un 'acto simultáneo' que decorrerá en cinco cidades do Estado. O motivo, “que a xente se reapropie da Constitución e celebre o seu regreso á historia", segundo Podemos.

A cita será ás 19:00 horas en Compostela, na Praza do Toural, desde onde intervirá Xosé Manuel Beiras; Barcelona (Ada Colau), Valencia (Mónica Oltra), Las Palmas (Vicky Rosell) e Madrid (Pablo Iglesias). A través de pantallas poderán seguirse en 'multiconexión' desde cada unha das prazas o resto das intervencións.

Comentarios