Beiras, aos gobernos galego e español: "Os mortos son seus"

O voceiro nacional de AGE criticou a falta de medidas de seguridade e "as mentiras" de responsábeis políticos que rodean o sinistro ferroviario de Angrois


O voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, responsabilizou os gobernos galego e español do accidente ferroviario acontecido hai unha semana en Angrois. "Os mortos son seus", espetou, queixándose ao tempo "dos erros e da carencia ou non dotación de mecanismos de seguridade previstos no proxecto que despois non foron realizados".

Tamén reprochou "as mentiras", en referencia ao argumento de que a liña onde aconteceu o accidente non era de alta velocidade e, por tanto, non estaba dotada coas mesmas medidas.

En relación ao sinalado por Beiras, o propio delegado do Goberno español na Galiza, Samuel Juárez, pronunciouse a favor dos investimentos das empresas españolas no Brasil sinalando que "isto non é un accidente da alta velocidade española senóndun tren convencional que circula en parte por vías preparadas para a alta velocidade". 

Beiras censurou que a revista oficial de Adif, candose inaugurou o tramo Ourense-Compostela, fixo unha reportaxe en que sefalaba da alta velocidade. "Agora resulta que non o é", rebateou o nacionalista, quenconsiderou que"ese mentir á cidadanía é unha dasraíces da traxedia".

Comentarios