ELECCIóNS AO PARLAMENTO DE GALIZA 2016

Beiras anuncia que non será candidato á Xunta

O líder de Anova avanzouno nunha entrevista concedida ao xornal eldiario.es. 

Xosé Manuel Beiras non se candidatará nas vindeiras eleccións ao Parlamento galego, previstas para 2016. Así o asegurou nunha entrevista asinada polo xornalista de El Diario, Gonzalo Cortizo. 

"Non, non serei candidato" asegurou Beiras após ser preguntado por estes comicios que, no entanto, agarda non cheguen a se producir porque "haxa un cambio de réxime antes". 

Esta decisión súmase ao progresivo abandono do dirixente de Anova da primeira liña política. Xosé Manuel Beiras mantense como voceiro da organización mais após a II Asemblea Nacional partilla esta responsabilidade con Martiño Noriega quen está a asumir un maior protagonismo nos últimos meses. 

Comentarios