Barómetro do CIS: o PP gaña, o PSOE sobe e Unidos Podemos e confluencias baixan

O independentismo de esquerdas melloraría resultados en Catalunya e Euskal Herria. 

Congreso, abertura constitución da XII lexislatura.
photo_camera Congreso, abertura constitución da XII lexislatura.

O Barómetro do CIS (Centro de investigacións sociolóxicas) indica que de haber novas eleccións, o PP volvería ser a forza máis apoiada nas urnas, cun 32,5% dos votos, un lixeiro descenso a respecto dos seus resultados o pasado 26 de xuño, cando qtinxira o 33,05%. O PSOE é, según o barómetro, a única das grandes formacións estatais que melloraría na súa estimación de voto. O CIS dalle un 23,1%, case medio punto máis que o que obtivo nos comicios do 26X.

O terceiro posto é para Unidos Podemos e as confluencias cun 19,6%, unha porcentaxe inferior ao 21,10% que obtivo hai mes e medio. En Marea obtería o 1,3% dos apoios, recolle o Observatorio, o que supón unha baixada a respecto do 26X, cando obtivo o 1,44% e do 20 de decembro, unhas eleccións nas que lograra o 1,63% dos apoios. Ciudadanos tamén baixaría, algo máis dun punto, ao pasar do 13,05% do 26 de xuño ao 12% que agora lle vaticina o CIS.

Nacionalismo e independentismo

En Catalunya a forza máis votada sería En Comú Podem, co 3,5% dos apoios. O PDC (ex-Convergència) vería baixar os seus resultados, pois o Barómetro di que obtería nunhas terceiras eleccións o 1,7% dos apoios nas urnas cando hai mes e emdio logrou o 2%. Aumentaría, porén, ERC, que case chegaría ao 3% dos votos, subindo así case 4 décimas desde o 2,6% que logrou nos anteriores comicios.

O PNV manteríase igual, no 1,2%, mentres que EH Bildu lograría o 0,9% dos apoios nas urnas, unha porcentaxe superior á que conqueriu nos comicios do 26 de xullo, cando fixou no 0,77% dos votos.

Comentarios