Barómetro CIS: PP perdería as eleccións estatais na Galiza

O traballo do Centro de Investigacións Sociolóxicas publicado esta quinta feira indica que no caso de haber agora elección estatais, PSOE sería a forza máis votada, BNG aumentaría apoios en case 2 puntos, o PP caería até en 9 puntos e Unidas Podemos tamén baixaría. A fronte nacionalista é a única forza que aumentaría apoios a respecto dos seus resultados do 10N.

eleccións  María José López (Europa Press)
photo_camera Elecciòns estatais do 10N (María José López /Europa Press)

O PP perderías as elección estatais na Galiza de realizarse estas agora. O barómetro do CIS correspondente ao mes de febreiro mostra ás claras que as populares non repetirían a vitoria que obtiveron o 10 de novembro, cando foron a opción máis votada no noso país con 31,9% dos apoios nas urnas

Segundo o estudo publicado esta quinta feira, en voto máis simpatía, o PSOE gañaría as vindeiras eleccións estatais na Galiza con 26,8% dos sufraxios (4 puntos menos que o que atinxiu en 10N); seguido do Partido Popular, con 22,7% (9 puntos menos); e BNG, que obtería 9,3%, o que supón un aumento de case dous puntos a respecto de 8,1% que o nacionalismo acadara naquela cita e que se traducíu na súa volta ao Congreso cun deputado.

O Barómetro apunta a que Unidas Podemos na Galiza obtería 7,7%, o que é case 5 puntos por baixo dos apoios que recibiron nas urnas nas últimas eleccións estatais. Vox, con 4,1%, e Ciudadanos con 2,6%, ficarían sen representación e terían menos votos que nos comicios de hai tres meses.

A mostra non ofrece resultados de estimación de voto para Galiza, o que impide unha comparativa precisa cos resultados dos comicios de novembro. É, pois, moi complicado extrapolar este resultado a unhas eleccións galegas.

A respecto do Barómetro de xaneiro, o PSOE baixa en apoios, ao igual que PP, Ciudadanos e Unidas Podemos. Pola contra, aumentan BNG e Vox. Se a comparativa é coas eleccións do 10N, a única forza que aumenta apoios é BNG

Voto directo

En intención de voto directa, o Barómetro de febreiro indica que o PSOE tería agora na Galiza, de haber eleccións estatais, 24,7% dos apoios, por 18,6% do PP, 9,3% do BNG, 7,7% de UP e 3,6% de Vox.

Estado

A nivel estatal hai un aumento na estimación de voto cara ás dúas forzas que fan parte da coalición de Goberno. O PSOE obtería 30,9% dos votos, catro puntos máis que nos comicios de novembro; e Unidas Podemos atinxiría 13,6%, sete décimas máis que daquela. PP e Vox perderían apoios nas urnas, segundo este barómetro, mentres que Ciudadanos tería unha leve mellora.

Comentarios