Bárcenas responde o SMS de Rajoy 19 meses despois deixando unha mensaxe: “Fíxenlle caso e fun forte”

O ex-tesoureiro do PP deixou a prisión de Soto del Real após paga dunha fianza de 200.000 euros. “Non me arrepinto”, afirma.

Luís Bárcenas

O ex-tesoureiro do PP saiu da cadea de Soto del Real após ano e medio preso. Fíxoo pasadas as dez da noite desta quinta feira acompañado dun seu fillo e perante unha manchea de fotógrafos e xornalistas que levaban horas agardando. Luis Bárcenas non escapou deles. Primeiro, tivo un aceno de lembranza para os compañeiros de módulo da prisión, ao facer coa man o número 4, o módulo no que estivo estes meses. E despois, fixo declaracións.

“Luis foi forte de verdade. Fíxenlle caso e fun forte” dixo Bárcenas. Toda unha mensaxe do ex-tesoureiro para Mariano Rajoy e o SMS que este lle enviara cando o imputaran: “Luis, sé forte”. Bárcenas engadiu: “O PP non ten nada que temer”. Mais pode que no partido Popular estas palabras non axuden a se calmar, mais ven o contrario.

Bárcenas dixo que tiñas as ideas “moi claras” dos motivos que lle levaron a prisión e que “xa haberá ocasión de aclaralo máis adiante” se ben, afirmou, non se arrepinte de nada e mesmo asegurou que “volvería actuar igual”.

Bárcenas recalcou, iso si, que el admitiu sempre que a contabilidade B do PP era “rigurosamente certa”.

Comentarios