Baltar fica fóra do pacto anticorrupción de PP e Ciudadanos

Os de Albert Rivera din que só atinxe a cargos estatais. A candidata do BNG, Noa Presas, exixira o cesamento do presidente provincial pola súa imputación nun presunto caso de acoso sexual.

[Imaxe: PPdeG] Baltar con Feijóo
photo_camera Acto de proclamación de Baltar como presidente do PP de Ourense [Imaxe: PPdeG]

O portavoz de Ciudadanos en Asturies, Nicanor García, asegurou en declaracións recollidas por La Voz de Asturias que o pacto anticorrupción asinado a pasada semana pola súa formación co Partido Popular, como parte dos acordos para apoiar a investidura de Mariano Rajoy, só atinxe cargos institucionais "a nivel estatal" pois, pedir demisións de persoas imputadas en concellos ou parlamentos territoriais sería "unha pequena revolución". 

A candidata do BNG de Ourense, Noa Presas, instou nos últimos días Feijóo a aclarar se faría demitir Baltar ou "se é outro engano máis"

Desta maneira, persoas como Xosé Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, inmerso nunha investigación xudicial após ser denunciado por acoso sexual mais tamén de tráfico de influencias e suborno. 

Neste senso, malia que o documento asinado entre as direccións políticas de PP e Ciudadanos non limita o acordo a uns cargos entre outros, Ciudadanos matiza e di que non ten a ver con persoas alén das institucións estatais. 

Nos últimos días e após coñecerse a sinatura do pacto a candidata do BNG de Ourense ao Parlamento de Galiza, Noa Presas, instou Feijóo a aclarar “se vai facer dimitir a Baltar ao aceptar o pacto de Ciudadanos ou se é outro engano máis”. 
 

Comentarios