Baltar esgota os recursos sen éxito e será xulgado por prevaricación

A defensa do patriarca do PP ourensán non consegue o arquivo da causa pola que se acusa ao ex presidente da Deputación de contratar a dedo a 104 persoas, o que o auto define como “ indicios racionais de criminalidade”

O capítulo final da longa e discutida carreira política de Jose Luís Baltar terá lugar no xulgado de Instrución número dous de Ourense, onde o ex presidente da deputación provincial enfrontarase á acusación de “prevaricación continuada” após de que un auto xudicial, sen posibilidade de recurso, rexeitara  a petición da súa defensa de arquivar o caso ou consideralo unha simple irregularidade administrativa.  

A circunstancia concreta que sentará no banquiño ao gran barón histórico do PP de Ourense -e pai do actual presidente da Deputación- será a contratación a dedo de 104 persoas

A circunstancia concreta que sentará no banquiño ao gran barón histórico do PP de Ourense -e pai do actual presidente da Deputación- será a contratación a dedo de 104 persoas -a maioría relacionadas co seu partido- semanas antes do Congreso provincial de 2010 que gañou Baltar Blanco ante a candidatura de Juan Manuel Jiménez Morán, que contaba co apoio subterráneo de Núñez Feijóo en medio dunha importante loita interna no PP. Presuntamente, coa concesión deses postos de traballo, os Baltar asegurábanse o voto ao seu favor d@s contratad@s. 

Segundo o escrito do xulgado, “non se pode arquivar o procedemento porque é suficiente con que non se descarte a infracción penal para que o proceso deba continuar (...) non é un auto de procesamento, nin unha sentenza condenatoria, senón que simplemente constata indicios racionais de criminalidade, razoándose convenientemente os feitos punibles e a identificación da persoa imputada. (...) A súa obrigación era formalizar contratos con persoas que reunisen os presupostos necesarios para o posto de traballo ofertado, que terían que ser publicados para facilitar o acceso a calquera persoa, pero o certo é que se limitou a contratar a aquelas persoas que lle viñeron en gana, atentando deste xeito contra o recto funcionamento da función pública”. 

Baltar pai -que se bautizou como “cacique bo”, nunha imposíbel definición- si evita enfrontarse a unha posíbel condena de cárcere, xa que o xuíz instrutor, Leonardo Álvarez, desestimou a ampliación das acusacións que pedía o PSOE, que tamén quería incluír as de malversación de fondos públicos e falsidade documental. 

Comentarios