Baltar, condenado a 9 anos de inhabilitación por ‘’prevaricación continuada’’

A sentenza xudicial non vai ter efecto ao estar xubilado o que fora presidente da Deputación de Ourense. A xustiza considera probado que 'enchufou' a 104 persoas na Deputación de Ourense.

Saída de Baltar dos xulgados

O Xulgado do Penal nº1 de Ourense condena o ex-presidente da Deputación de Ourense a 9 anos de inhabilitación por un delito de prevaricación continuada após ‘enchufar’ a 104 persoas no organismo provincial. A sentenza inhabilita a Baltar para ocupar ou exercer cargo público durante nove anos. Mais a resolución ficará en nada porque José Luis Baltar está xubilado. En 2012 deixou a presidencia do organismo provincial, que pasou ser ocupada polo seu fillo.

A xuíza considera probado que Baltar contratou a 104 persoas sen se acoller aos requisitos de legalidade obrigatorios. Durante a declaración no xuízo, Baltar tentou cargar esa responsabilide sobre o equipo técnico da Deputación. A sentenza é recurríbel perante a Audiencia Provincial de Ourense.

En declaracións á SER Baltar recoñeceu que non esperaba esta decisión e considera que non é xusta.

Comentarios