Ayuso rexeita agora o acordo co Goberno español e exixe novos criterios para confinar Madrid

A presidenta da comunidade de Madrid, a popular Isabel Díaz Ayuso, na Cámara autonómica (Imaxe: Europa Press)
photo_camera A presidenta da comunidade de Madrid, a popular Isabel Díaz Ayuso, na Cámara autonómica (Imaxe: Europa Press)

A terza feira o Ministerio de Sanidade e a Comunidade de Madrid chegaban a un principio de acordo para aplicar as mesmas medidas en todas as cidades do estado de máis de 100.000 habitantes.

Ao día seguinte, con todo, o Goberno de Isabel Díaz  Ayuso pon máis esixencias riba da mesa na reunión da Interterritorial co resto de comunidades autónomas.

En primeiro lugar, reclamará "criterios obxectivos e claros" que non se circunscriban aos tres feitos públicos por Salvador  Illa: incidencia superior a 500, positividade do 10% e ocupación de UCI do 35%. Tamén reclama poder confinar a cidade de Madrid por distritos e non como unha unidade enteira.

Comentarios