Axenda para o último día de campaña


BNG

12.15 horas. O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, protagoniza un reparto de propaganda eleitoral en Pontevedra, canda o candidato á reelección como alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. Será no tramo pionil de Benito Corbal.

O mitin central terá lugar en Vigo, na estación marítima, apartir das 20.30 horas.

PPdeG

8 citas na axenda eleitoral de Feijóo no último día de campaña, tan intensa para el como se fose candidato. A saber: 9 horas, almorzo con interventores e apoderados do partido en Ferrol, no Parador; 11 horas, paseo por Lugo, na Porta Campo Castelo; 12.45 horas, paseo en Ourense, na Ponte Romana/Salesianos; 14.15 horas, reunión en Pontevedra, no restaurante La Cámara; 18 horas, mitin en Vigo, no pazo de San Roque, con Soraya Sáenz de Santamaría; 20,15 horas, mitin na Coruña, en Palexco; 21.45 horas, mitin en Santiago, na Praza Roxa.

PSOE

12.30 horas. Vigo. O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, e o secretario xeral do PsdeG, José ramón Gömez Besteiro, oferecen un mitin con Abel Caballero, na Praza da Independencia.

15.30. Sánchez e Besteiro percorren o Eixo Atlántico e na Coruña teñen un acto coa candidata Mar Barcón, na Praza de España.

Besteiro mitinea no serán por partida dupla: 20 horas, nas Pontes (auditorio) e 22 horas na Estrada, no recinto da feira do moble.

Anova.

20.30 horas. Teo. O portavoz nacional, Xosé Manuel Beiras, protagoniza un mitin no Pazo de Adrán.

Esquerda Unida.

21 horas. No centro social de Boiro, a coordenadora nacional de EU, Yolanda Díaz, oferece un mitin en apoio á candidatura de Boiro Novo.

Comentarios