Axenda de campaña para o sábado 10 de Maio

Segundo día de campaña eleitoral cara ao 25 de Maio. Relacionamos a seguir os actos principais do día. O acto central do BNG será en Ponteareas, o de AGE, en Cambre, o de Compromiso por Galicia, no Grove, o do PSdeG-PSOE, en Cangas, o do PP, en Ribeira.

psdg
photo_camera psdg

BNG

10 h. Vigo. Ana Miranda toma parte nun encontro ambiental na Ría de Vigo. Museu do Mar; 11.30 h, a número un do BNG a Europa participa en Pontevedra nunha manifestación de emigrantes retornados e afectados polas preferentes, na Praza de Ourense; 17 h, Miranda será unha das ponentes nun debate sobre pobreza e exclusión social, no Cersia; e 21 h, mítin central en Ponteareas, con Xavier Vence, portavozo nacional.

AGE
10.30 h, Lidia Senra reúnese en Vigo, no Parque de Limieriños, con comuneiros do Monte Cabral; 12.30 h, mítin con Yolanda Díaz e Lidia Senra, en Redondela, na Alameda; 20 h, mítin en Cambre, no centro sociocultural do Graxal, con Lidia Senra.

Compromiso por Galicia

Acto sobre o mar. Lonxa de O Grove. 19:30H, con Paulo Carlos López.

PSdeG-PSOE

11 h. José Blanco visita o mercado de Vilagarcía, na Casa do Pobo; 12.45 h, en Pontevedra, participa nun encontro con emigrantes retornados, na sede provincial do PSOE; 20.30 h, toma parte no mítin central, en Cangas, no Hotel Jucamar.

PP

13 h. Mítin na Estrada (Pontevedra), con Feijóo e a ministra de Fomento, Ana Pastor, no Teatro Principal; 20 h, mítin en Ribeira, con Feijóo, no Pavillón de A Fieiteira.

Comentarios