Axenda de campaña para o 21 de maio

As formacións políticas pisan xa o acelerador no sprint final da campaña.

BNG

-9.30 h, Ana Miranda estará nos almorzos eleitorais da Asociación da Prensa da Coruña. NH Atlántico; 12 h, acto protesta na praza do Obradoiro contra a exclusión do BNG dos espazos informativos de campaña na CRTVG,con Ana Miranda e Xavier Vence; 13 h, a número 1 a Europa polo BNG reúnese con comerciantes, en El Cafetín; 16.30, mantén un encontro con comerciantes en Ourense (Café Bohemia) e ás 18 fai o propio con asociacións de discapacitados físicos (Aixiña); fecha a xornada, ás 20.30, co mitin central do Bloque en Ourense, no centro cultural José Ángel Valente, con Xavier Vence.

Compromiso por Galicia

-11 h, encontro co sector turístico, en Sanxenxo; 20.30 h, acto político en Pontevedra, con Paulo Carlos López.

AGE

-11 h, representantes do mundo da cultura presentan un manifesto en apoio a Anova e IU. Será na Libraría Couceiro, nun acto coa presenza de Lidia Senra, Beiras e Yolanda Díaz; 20 h, mítin de Lidia Senra, Beiras e Yolanda Díaz en Santiago, na Sala Capitol.

PSdeG-PSOE

-17 h, José Blanco participa nun acto sobre igualdade, na Casa Galega da Cultura; 20.30 h, mitin en Ferrol, no centro cívico de Caranza, con Blanco e Gómez Besteiro. Estará tamén o candidato e membro da dirección federal do PSOE, Ramón Jáuregui.

PP

-18.30, acto en Santiago de Novas Xeracións. No Hotel Araguaney. Estarán Feijóo, a ministra de Traballo, Fátima Báñez, e o alcalde de Santiago, Ángel Currás; 20.30 h, mitin en Vilagarcía de Arousa, con Feijóo e Millán Mon, no Salón García.

Comentarios