Axenda de campaña para o 13 de maio

A campaña continúa após a interrupción producida polo asasinato da presidenta da Deputación de León. Esta terza feira irrompe na contenda eleitoral o ex presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero.

O PP mantén esta terza feira loito pola morte da súa militante e suspende tamén a súa actividade de campaña para esta terza feira, non así o resto das forzas políticas, que onte xa mostraron a súa solidariedade coa formación conservadora.

Estes son os actos programados para esta terza feira:

BNG

-11.15h. Ana Miranda participa nun acto sobre o sector pesqueiro en Vigo, perante a sede da Axencia Comunitaria de Control da Pesca; 21 h, mítin central, con Ana Miranda e Xavier Vence en Carballo, xunto ao mercado municipal.

Compromiso por Galicia

-20.30 h, Paulo Carlos López mitinea en Pontevedra; 21.0 h, acto político en Sanxenxo.

AGE
-20 h, mítin de Lidia Senra, Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz, no Teatro Principal de Pontevedra.

PSdeG-PSOE

-11.30 h, José Blanco estará na Coruña (Hotel Tryp), para participar nun acto intitulado "A muller na Europa dos recortes"; ás 17 h, en Vigo, o ex presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, posará para as cámaras, na compaña do alcalde, Abel Caballero, e de Blanco, na praza da Constitución; ás  20 h, Blanco, Zapatero e Besteiro mitinearán en Ourense, na Aula Magna da Faculdade de Ciencias.

Comentarios