AVT e PP manifestaranse en Madrid por unha 'Xustiza para un final con vencedores e vencidos'

A mobilización contra a sentencia do Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos que tomba a Doutrina Parot está convocada pola Asociación de Víctimas do Terrorismo e conta co apoio do Partido Popular e de UpyD. A AVT pide mesmo que o Estado español abandone os tratados internacionais de dereitos humanos que sexan precisos para evitar que se aplique a decisión de Estrasburgo.

'Xustiza para un final con vencedores e vencidos'. Este é o lema que presidirá este domingo a manifestación convocada pola AVT contra a sentenza do Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo que botaba abaixo a Doutrina Parot. Unha mobilización que conta co apoio esplícito de UpyD e mesmo do partido no goberno de España, o PP. Os populares terán nesa manifestación (que partirá ás 13:00 da Praza de Colón) unha ampla representación de altos cargos do partido.

Desde a Asociación de Vítimas do Terrorismo mesmo chegaron a pedir que o Estado español abandone os convenios internacionais de dereitos humanos baixo cuxa pertenza hai que aplicar a sentenza de Estasburgo. Insisten en pedir o goberno español que non acate nin apliaque o fallo do Tribunal europeo. Desde o executivo central reiteran, día si, día tamén, que non gostan da sentenza e que sempre estarán ao lado das vítimas.


 


 

Comentarios