xoves 21/01/21

Avanza a querela contra Baltar Pumar

Máis de 30 das persoas contratadas tomaron parte como comisarias no congreso provincial do cal saíu eleito o seu fillo, José Manuel Baltar. O ex-barón popular prestará declaración a finais de xaneiro.

[email protected], [email protected], sobriñ@s, pais, nais... Así até máis de cen familiares de militantes do Partido Popular de Ourense compoñen a listaxe de contratos que o ex-presidente da Deputación de Ourense, José Luís Baltar, tería contratado de maneira irregular. As loitas de poder no seo do Partido Popular, estarían no centro destas contratacións, cuxo obxecto semella ter sido, garantir a vitoria do seu fillo no congreso provincial, en troca da persoa que contaba co apoio do líder [email protected] populares de Galiza, Alberto Núñez Feijóo.

Neste senso, o xuíz instrutor do caso, Leonardo Álvarez, asegura no auto publicado que existen "indicios de ilegalidade" nas contratacións desenvolvidas polo ex-barón "pre-valéndose a súa condición de presidente". Isto convérteo até o de agora no único imputado por un suposto delito de prevaricación, e nunha das persoas que prestarán declaración a finais de xaneiro --xunto con 9 testemuñas.

No Partido Popular de Ourense, protexen o ex-presidente provincial e solicitan a "presunción de inocencia" de Baltar. Na dirección nacional do partido, o seu secretario de organización, Alfonso Rueda, pediu "respecto" para o procedemento xudicial. Porén, os grupos da oposición aplauden o inicio das investigacións e que o Xulgado de Instrución de Ourense decidise, finalmente, admitir a trámite a querela presentada pola fiscalía. No entanto, exixen --ademais das debidas demisións-- que a xustiza continúe avanzando, pois aseguran, "esta é tan só a punta do iceberg".

comentarios