NéSTOR REGO, SECRETARIO XERAL DA UPG

"Sen auto-organización non hai capacidade de decisión libre"

Na entrega 195 do semanario Sermos Galiza, entrevistamos Néstor Rego, secretario xeral da UPG, nas vésperas do XIV Congreso deste partido que fai parte do BNG. Rego avanza os obxectivos do congreso e analisa a situación política, marcada pola inminencia dunhas novas eleccións xerais. Ve nelas unha oportunidade para "Galiza recuperar a voz no Congreso". Eis un avanzo da conversa.

Néstor Rego, secretario xeral da UPG.
photo_camera Néstor Rego, secretario xeral da UPG.

Nos meios sistémicos normalmente faise a caricatura de a UPG ser o gardián das esencias do nacionalismo...

Hai algo que definiu a UPG desde o comezo e é que entende que o camiño para a soberanía precisa de organizacións políticas e sociais propias, non?, e precisa de independencia de criterio en todos os momentos e en todos os ámbitos. Eu non sei se alguén acredita que isto se pode denominar desa maneira [di en alusión ao tópico do guardián das esencias], mais si é verdade que nós entendemos que esa é unha premisa que continúa sendo válida. Sen auto-organización non hai capacidade de decisión libre e sen capacidade de decisión libre non hai maneira de avanzar para o obxectivo da liberdade colectiva como nación.

miniaturaMais ti es consciente de que desde os meios do poder se ten feito un traxe da UPG, imaxino que o teredes analisado millentas veces. Como se combate isto?

Hai unha cuestión que se verifica sempre. Os meios do poder nunca son benévolos con quen o combate, con quen representa unha alternativa real, de ruptura co sistema político, neste caso de ruptura coa dependencia da Galiza. Non é surprendente que desde os meios do poder se pretenda deturpar o traballo político do nacionalismo en xeral e da UPG en particular e se utilice frecuentemente a caricatura de determinadas posicións.

A íntegra da entrevista, unha conversa a dupla páxina, tela ao teu dispor no Sermos195, nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa.

Comentarios