A Audiencia Nacional rexeita imputar terrorismo ao detido por querer asasinar Pedro Sánchez

Manuel Murillo, de 63 anos de idade, posuía un arsenal na casa e pretendía atentar contra o presidente do goberno. A Audiencia Nacional devolveu o caso ao xulgado ordinario. Porén, a AN ten xulgado independentistas, rapeiros ou tuiteiros.

audiencia nacional
photo_camera audiencia nacional

A Audiencia Nacional desbotou xulgar Manuel Murillo, detido o pasado mes de setembro por plenear atentar contra o presidente do goberno español, por terrorismo e devolveu o caso ao xulgado ordinario. Manuel Murillo, de 63 anos de idade, pedira nun grupo de WP apoio loxístico para atentar contra Pedro Sánchez, revelando que quería matalo por mor da exhumación dos restos de Franco do val dos Caídos.

Murillo foi detido polos Mossos e os axentes atoparon no seu domicilio un arsenal de 16 armas, longas e curtas, incluído un fusil de asalto militar e rifles de alta precisión. Porén, o órgano herdeiro do TOP franquista e que ten en exclusiva as competencias para xulgar todo o relacionado con terrorismo, decidiu que o de Murillo era mellor que ficase nos xulgados de Terrassa.

A AN, porén, si que xulgou independentistas galegos acusados de ‘enaltecemento’ do terrorismo, rapeiros polas letras das súas cancións ou tuiteiros por opinións en redes sociais.  

Comentarios