“Ata sempre, compañeira”: derradeiro adeus a Ánxela Franco en Porto do Son

Veciños e compañeiros de militancia da que fora concelleira e deputada provincial participan nun emotivo acto de homenaxe no porto sonense a “unha muller nacionalista imprescindíbel”.

acto homenaxe anxela franco
photo_camera Imaxe: BNG

A explanada portuaria de Porto do Son acolleu unha emotiva homenaxe a Ánxela Franco, concelleira nacionalista e deputada provincial, que faleceu o pasado domingo aos 57 anos de idade. ‘Organizado polo BNG, ao acto asistiron a familia da falecida, compañeiras de militancia así como numerosos veciños e veciñas. No acto interviron a vicepresidenta da Deputación da Coruña e membro da Executiva Nacional do BNG, Goretti Sanmartín, e Ana Pontón, portavoz nacional da fronte nacionalista, que destacaron o compromiso e personalidade dunha “muller nacionalista imprescindíbel”.

D8j4faKXsAcnWYIO falecemento de Ánxela Franco causou sorpresa e pesar en Porto do Son e a familia nacionalista. Muller referencial neste concello onde era edila como no propio Bloque Nacionalista Galego, tiña cunha longa traxectoria e compromiso político coa formación nacionalista.

Numerosas entidades e colectivos sociais e veciñais recoñeceron nestes días o compromiso e traballo desta muller  que era, en palabras de Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña e membro da Executiva do BNG, "autenticidade e bravura".

Comentarios