Asociación de Memoria Histórica denuncia ante o Defensor del Pueblo o discurso de Felipe VI

Considera que as referencias do Borbón a que “ninguén axite vellos rancores ou abra feridas fechadas” é unha declaración “contraria aos dereitos das vítimas do franquismo”.

Felipe VI
photo_camera Discurso Felipe VI

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica presentou unha queixa perante a  Oficina do Defensor del Pueblo por algunhas das afirmacións realizadas por Felipe VI no seu discurso de Noiteboa por entender que eran contrarias ao dereito das familias dos  114.226 desaparecidos polo franquismo.

A asociación indica en concreto que esa frase do monarca español foi a de "son tempos para afondar nunha España de brazos abertos e mans tendidas, onde ninguén axite vellos rancores ou abra feridas fechadas”.

A mensaxe de Felipe VI tivo un 57% de cota de pantalla, a peor porcentaxe dos últimos 18 anos

ARMH afirma que esas declaracións son “contrarias aos dereitos de las vítimas do franquismo" e que foron expresadas "cun carácter político que non lle corresponde a un xefe do Estado non electo e que ten o deber de representar toda a sociedade”. Nun comunicado, incide na necesidade de “corrixir a dupla moral das institucións” coa que se “protexe e garante” os dereitos das vítimas do terrorismo mais non o das vítimas do franquismo, a quen se lles acusa de “vellos rancores” e abrir feridas fechadas”.

A ARMH anunciou tamén que ía remitir á Casa Real informes da ONU sobre as foxas e desaparecidos no Estado español baixo o franquismo. 

Comentarios