Causa Galiza anuncia o inicio dunha “nova xeira política”

Após un período convulso, explican nun comunicado

 

Manifestación de Causa Galiza
photo_camera Imaxe der arquivo dunha manifestación de Causa Galiza

Causa Galiza anuncia a través dun comunicado o “inicio dunha nova xeira política” que se abre, afirman, após unha “irreparável deterioçom da confiança e coesom interna” na organización independentista nestes meses. Neste sentido, neste comunicado cualifícase de “ilegítima” a asemblea nacional convocada para esta fin de semana e da que responsabilizan unha “fraçom do Comité Executivo”.

Afiran no comunicado que esta asemblea convocouse convocando “con dereito a  voto” a “pessoas alheias” a Causa Galiza e que foron, denuncian, afiliadas “em bloco” nestes días. Consideran, pois, que se trata de impor “umha agenda política divergente da da Assembleia Nacional Constituinte de 2014, que rege a intervençom de Causa Galiza desde aquela altura”.

Fala o comunicado remitido por Causa Galiza de que estes meses houbo un “tensionamento extremo” da organización por parte de quen, afirman, “negam a centralidade da reivindicaçom nacional neste momento histórico” e impulsan “posicionamentos maximalistas”.

Un clima, prosegue, no que se deu, segundo indican, “campanhas de destruiçom de membros da direçom nas redes sociais e internet” ou “alteraçom das comunicaçons públicas acordadas” ou mesmo “acossas, ameaças e agressons verbais”.

O comunicado finaliza pedindo disculpas ao independentismo “polo espectáculo dado” e anima a facer parte da nova "xeira".

O comunicado completo pode lerse aquí.

Comentarios