Asemblea Nacional do BNG debate proposta de rexeitamento da mina a ceo aberto en Corcoesco

O BNG aprobou unha proposta de resolución, durante a súa XIV Asemblea Nacional, de rexeitamento da mina a ceo aberto en Corcoesto

A militancia do BNG reunida na capital da Galiza na decimocuarta asemblea nacional da fronte deu luz verde a unha proposta de resolución en contra da instalación dunha mina de ouro a ceo aberto en Corcoesco, Cabana de Bergantiños. Na proposta ínstase a Xunta de Galiza a "non aprobar este proxecto".

No texto denúnciase que nos atopamos ante un "megaproxecto mineiro que minimiza os custos de produción a base de tecnoloxías obsoletas e contaminantes", procurando así "maximizar os beneficios da multinacional mineira".

Na proposta sinálase que o proxecto vai afectar a máis de 700 hectáreas "con cortas a ceo aberto, balsas e escombreiras, alén dos riscos de usar millóns de litros de cianuro", no que se cualifica dun proxecto "propio dunha época colonial". Aliás, sinálase que a disculpa de crear "uns poucos postos de traballo" durante un "curto período de tempo" non pode xustificar "a destrución total dun territorio".

Comentarios