As tensións internas cóbranse baixas nos concellos do PP

Edís de Ames, Narón e Pontedeume renuncian ás súas actas nas respectivas corporacións municipais. A crise interna fende a suposta unidade pregoada pola dirección política do PP.
Alfonso Rueda
photo_camera Alfonso Rueda

"Os populares non consentirán que a unidade, a cohesión interna e, en suma, o traballar unidos por un proxecto común, que sempre caracterizou ao partido, se vexa comprometida por diferenzas particulares". Así reza un comunicado feito público polo Partido Popular após a comparecencia de imprensa do seu secretario xeral Alfonso Rueda a pasada cuarta feira. Na súa intervención, Rueda aproveitou a ocasión para bater contra os grupos da oposición e marcar distancias. "Fronte a outros partidos que acostuman a protagonizar loitas internas, o PPdeG seguirase caracterizando sempre por todo o contrario, por manter a unidade", aseveraba o tamén vice-presidente da Xunta de Galiza.

O PP sufriu 9 baixas en tres Concellos durante esta semana 

As combulsións internas entre @s populares estanse a facer notar con maior clareza durante estes días. Após a saída de 6 edís da corporación municipal de Ames, as concelleiras de Deportes e Benestar Social do concello de Pontedeume, María José Vázquez Romero e Ana María Maroño Seco, anunciaban a pasada cuarta feira o seu abandono da política municipal argüíndo "cuestións persoais". Porén, os grupos da oposición aseguran que as discrepancias entre @s membros do Partido Popular eran evidentes e públicas, até o punto de non se falaren entre si.

Mais a cousa non fica aí, pois a concelleira popular de Narón, Marta Teijido, presentou esta semana a súa carta de renuncia asegurando que abandonaba a súa acta após unha polémica carta en que aseguraba que un dos funcionarios municipais era un "incompetente". Teijido, solicitou que non se adoptasen "represalias" pola súa decisión, unha cuestión que entre as filas populares tende a acontecer.

Rueda: "Fronte a outros partidos que acostuman a protagonizar loitas internas, o PPdeG seguirase caracerizando por manter a unidade"

Expedientes disciplinarios contra edís "díscolos"
As saídas de ton d@s concelleir@s populares que ao longo desta semana abadonaron a corporación no Concello de Ames, deron boa conta das tensións internas que está a vivir o Partido Popular. Amais dos múltiples casos de corrución en que se viu inmerso o partido --nomeadamente na capital galega, o abandono d@s edís de Narón e Pontedeume demostran que a suposta unidade pregoada por Rueda e Núñez Feijóo non é tal.

Porén, a dirección da formación política, non se mantén impasíbel perante os últimos acontecementos e vén de anunciar que se abrirán expecientes disciplinarios a aquelas persoas que se rebelen. Neste senso, fica pouco daquel PP que en campaña electoral difundía un vídeo batendo contra a fragmentación da oposición e se presentaba como a única opción estábel para Galiza.

Comentarios