Arrimadas teima en propor unha alianza con PPdeG fronte a “ameaza real” do nacionalismo na Galiza

arrimadas

A portavoz de Ciudadanos no Congreso, Inés Arrimadas, afirmou esta quinta feira que as alianzas que propón para as eleccións na Galiza, Catalunya e Euskadi son "excepcionais", perante unha "ameaza" nacionalista que "non existe" en todos os territorio do Estados, mais si nestas tres comunidades, subliñou.

Acrecentou a líder do partido laranxa que hai unha "ameaza real de ter un goberno nacionalista" na Galiza se Núñez Feixoo perde a maioría absoluta e o PSOE pacta co BNG.

"Quero que se entenda que é unha situación de excepcionalidade" e que "o PP e nós somos partidos diferentes", pero "neste momento é moito máis intelixente, sensato e útil pensar no que nos une" para "axuntar esforzos" nese tres comunidades, dixo nunha entrevista na cadea COPE, recollida por Europa Press.

A deputada asegurou que continúa traballando "para que Ciudadanos siga sendo o que é, un partido de centro, moderno e liberal", pero "sempre disposto a acordos transversais para frear ao nacionalismo" nas urnas e que "non se perda nin un voto" de electores "constitucionalistas".

Comentarios