Arrimadas sentiría "pena" se Galiza “caese en mans dos nacionalistas"

Lembra a Feixoo, após o seu 'non' á coalición con CS para o 5-A, que debería ter en conta que Fraga perdeu a maioría absoluta "por 11.000 votos"

Inés Arrimadas
photo_camera Inés Arrimadas (Europa Press)

A portavoz de Cs no Congreso dos Deputados, Inés Arrimadas, recoñeceu que sentiría "pena" se Galiza - despois do "non" de Núñez Feixoo a unha coalición co partido laranxa - "cae en mans dos nacionalistas” nas eleccións do 5-A.

Engadiu que tamén lle dá “pena” que se pensa "en intereses persoais ou de partido" máis que no interese xeral.

Así o dixo Arrimadas durante a súa intervención no ciclo "Conversas políticas" de El Mundo-Diario de Castilla y León, que se realizou en Valladolid.

Neste sentido, Arrimadas defendeu a necesidade de "unir forzas" onde os constitucionalistas "apenas teñen voz" co obxectivo de "non perder un só voto”.

Inés Arrimadas recordou que "por un ou dous escanos" Núñez Feixoo pode perder a maioría absoluta ao que engadiu que Ciudadanos "pode achegar moitas cousas" na Galiza en temas como o emprego, a educación ou a innovación.

Así, Arrimadas lembrou a Feixoo que debe ter presente que Manuel Fraga perdeu a maioría absoluta por 11.000 votos cando Cs obtivo perto de 50.000 apoios nas pasadas eleccións galegas.

Máis en POLÍTICA
Comentarios